sábado, 18 de octubre de 2014

Cardiff (1 Parte)

Cando alguen pensa na vida no Reino Unido, unha das primeiras imaxes que se nos ven a cabeza é o metro de Londres ateigado de xente pegados aos seus iphones. No último mes a película británica da miña cabeza mudou completamente.

O centro de posgrao da Facultade de Económicas
- Cardiff University-

Na facultade de Business de Cardiff (CARBS), a 4º nos rankings nacionais, a modernidade dos edificios e equipos é breath-taking. No centro para posgraduados, inagurado este setembro, as triple pantalla da que dispón o docente para dar clase conviven co papel, bolígrafos e pesados manuais de 50 libras  que dominan ao alumnado. Acompañados polos paquetes de fotocopias que colles ao entrar, antes de rexistrar a túa asistencia nuns lectores de tarxetas que informatizan cada un dos teus pasos polas aulas.

En Gales tamén gozan do case considerado como vintage por algúns nas fins de semanas. Pasear un sábado pola mañá por Queen Street, unha das poucas rúas comerciais da cidade que non ten teito - isto é o paraíso do centro comercial!- é cousa complicada. Acompañada polos músicos de rúa que alternan esquinas con grupos católicos que intentan regalarlle biblias aos galeses que veñen pasar a fin de semana a capital, ou de despedida de solteira.

Neses paseos unha das miñas paradas favoritas é HMV, a tenda de discos que a pesar das dificultades económicas dos últimos anos e rumores, segue aberta. Desta vez os prezos son máis baixos que cando entrei nun HMV por primeira vez nunha fin de semana en Londres, hai xa dez anos, para mercar de maneira compulsiva os últimos albums de Mcfly. Con todo, o que non cambiou é o difícil que é moverse pola tenda, ateigada de xente a calquera hora do día. Cando espero para pagar unha nai convence a súa filla de que un disco é suficiente por esta semana, que pode mercar o disco de 5 seconds of summer a semana que ven, cando volvan.

Queen Street - IloveCardiff- 

Cando sigo o meu paseo pola cidade das galerías, os meus pes levanme ata Waterstones, a librería que monopoliza a venda de libros no centro da cidade. Alí tampouco é sinxelo moverse, sobre todo porque se non prestas atención podes acabar pisando a alguén sentado no chan botándolle un vistazo a algún libro. Intentando resistirme a mercar unha libreta do Guardián entre o Centeo - que alguén acabara mercando unha hora máis tarde- decídome por "Not that kind of girl", de Lena Dunham. Na caixa fago un amigo, ao dependente/libreiro tamén lle gusta Girls e ten ganas de botarlle o dente ao libro de Lena. Saio da librería para seguir o meu paseo. Eu non quedo atrapada dentro usando o wifi, como lle pasou a un turista en Londres hai uns días - aínda que non me importaría!-.

O primeiro mes en Gales pasou voando e a educación de élite que a University of Cardiff prometía, parece ter chegado. O venres tivemos clase con Nick Brett, o director de publicacións da BBC. Pero iso da para outra parte!

A pesar de ter que ver os partidos do primeiro equipo galego na diáspora e perder a primeira cicloxénese do outono en Vigo - a máis bonita das cidades atlánticas, sen dúbida!-, por agora confórmome con pasear entre os discos e os libros. É case como estar na casa!

M.

miércoles, 20 de marzo de 2013

Let's cause a scene

A consideración de que é exactamente arte é algo complicada. 
Smile like you mean it


Se hai discusións sobre o que é realmente arte nos casos máis tradicionais como o da pintura, como saber se, por exemplo, un album si que o é? And someone is calling my name from the back of the restaurant.

Hot Fuss, o segundo traballo de The Killers é unha desas obras difusas, complicadas. Coas intros diferentes, melódicas que identifican aos embaixadores de Las Vegas polo mundo. If you can’t hold on, hold on.

Unha guia para tomarse cada día paso a paso pero seguindo cara adiante. The Killers non identifica unha xeneracion, identifica unha forma de facer. I’ve got soul but i’m not a soldier. 

Unha forma de facer no mundo caótico que dende Las Vegas, Londres, Tampere a Vigo nos envolve. I’ve been down across a road or two.


Hot Fuss, esa obra de arte do seculo XXI.


Foto do xenial William Klein.
(A Pablo Sabucedo e Alfie, polo amor polos albums completos)


M.

miércoles, 6 de marzo de 2013

Aprender a ser heroínas


Cando os nenos son pequenos case sempre queren ser policias, bombeiros ou superheroes. Eu tamén pasei por todas esas etapa pero un día a miña vida cambiou.
Coñecín a miña heroína particular e desde ese momento só quería ser ela. Non había ninguén máis guai nas series de televisión, nin sequeral nos rugrats. 
Na miña mente ela tiña que ser loira coma min e cun pouco menos de nariz que nas ilustracións de Blake. Pero non estiven descontenta con que fora morena e curriña cando a coñecín na tele. 
A miña heroína, como a de todos, tivo que superar a peor das adversidades. Era lista como un allo e irónica.  A miña era a heroína dos libros. A dos mundos paralelos en papel, a das tardes lendo na habitación. A de pedir máis e máis libros, ata acabar a sección infantil e ten que pasar a de adultos.  E a que movía cousas coa mente. Eu tiña que ser ela. Eu só quería ser Matilda. 

E aínda espero poder chegar a ser ela. 


M. 

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Welcome to Spain!


After a few months abroad coming back home always seems difficult, full of excitement. Has something changed? Is there any difference about the streets I used to walk everyday? 
Finland is a clean, polite, rule-following, lutheran country, where in two months in one of the biggest towns of the country I've seen only one beggar. And he seemed like he had somewhere to go at night. 
I was thinking about this on my way to the butcher's when I almost step on a man. Wearing a suit and good but dirty shoes. I apologized and he replied with fine manners, he didn't seem to be going anywhere, he was just waiting in the middle of the street. And then it hit me. He was waiting for the charity social canteen to open. 
Living in the city center for ten years, I've gotten used to see beggars, drunks and junkies waiting for the social dining to open once a day. But this time it was different. This man didn't seem to do drugs or drink too much, or even live on the street. He just looked like he was going home from work. But this time there was no work or home to go to anymore. 

Welcome to Spain, a brighter, sunnier and poorer PIIGS.

mB. 

jueves, 8 de noviembre de 2012

Tampere (Part 1)

Living abroad or how to make foreign people a new home. 

Home is where the heart is, it's where we started, where we belong. Mcfly were already singing it a few years ago. Nobody doubts that. (Nobody should doubt Mcfly anyway!) 
But, what happens when you have you heart in two places at the same time? 

Living in Tampere or the Erasmus experience, it's more than getting to know the finnish kind (a particularly interesting kind we have to admit). It's about getting to know yourself and those who are around you. 
You realize who your real friends are, those who have always been there for you, the easiest and the hardest moments. Those who are not afraid to confess they miss you and they want you to come, those who cope with missing you their own way, or those who you miss the most without saying a word.
But you also realize that life can change in just a few hours, in a moment. In a "OH, Are you in this class as well? I want to work in Disneyland!" and from that moment, you know you could never stop talking to her. And she can talk for ages!!!!!  
It's also about first, second and third impressions that come up weeks after in drunk conversations. And having a crew to protect you from the creepy crawlies! Or someone to call at 3 a.m because you cannot explain what's happening to you in any other language.  Or a little chat at night because you know you really fuck up, Mcdonald's afterparties, or the greatest girls' chats
And sometimes, only sometimes, you get to the freezing point. To that freezing point you need to set your alarm clock just in case it's going to snow and you cannot lose it
But just remember, a thousand miles seem pretty far but they've got planes, trains and cars. 



I love you, FUCKING BITCHEEEES!!!!!

mB.

martes, 31 de enero de 2012

What the night does to the day



Os Arctic de Alex Turner deberían formar parte dos programas de todas as universidades hoxe en día ou incluso do bacharelato. Coñece o mundo de hoxe a través da mirada de Turner e o seu acento de Sheffield. We'll force you to be cool.
Unha guía para vivir dos 15 aos 50. Unha guía para que todo te dea igual pero tamén para pensar no realmente importante. Be cruel to me 'cause I'm fool for you. Cun dos directos máis espectaculares da escea musical e cancións convertidas en auténticos clásicos. Why can we just laugh and joke around? Os clásicos da xeración de Skins, de Shameless, do novo indie, dos que lembraran aos Beatles sempre, a xeración de Blink, pero tamén da xeración Xabarín. Discard all the naughty nights for niceness.
Alex Turner, detrás dos cambios de estilo, dos sonados desplantes, da batería de Helders, dos concertos incribles, o Alex Turner detrás dos Arctic Monkeys é o poeta do século XXI.



MardyBum.