miércoles, 20 de marzo de 2013

Let's cause a scene

A consideración de que é exactamente arte é algo complicada. 
Smile like you mean it


Se hai discusións sobre o que é realmente arte nos casos máis tradicionais como o da pintura, como saber se, por exemplo, un album si que o é? And someone is calling my name from the back of the restaurant.

Hot Fuss, o segundo traballo de The Killers é unha desas obras difusas, complicadas. Coas intros diferentes, melódicas que identifican aos embaixadores de Las Vegas polo mundo. If you can’t hold on, hold on.

Unha guia para tomarse cada día paso a paso pero seguindo cara adiante. The Killers non identifica unha xeneracion, identifica unha forma de facer. I’ve got soul but i’m not a soldier. 

Unha forma de facer no mundo caótico que dende Las Vegas, Londres, Tampere a Vigo nos envolve. I’ve been down across a road or two.


Hot Fuss, esa obra de arte do seculo XXI.


Foto do xenial William Klein.
(A Pablo Sabucedo e Alfie, polo amor polos albums completos)


M.

miércoles, 6 de marzo de 2013

Aprender a ser heroínas


Cando os nenos son pequenos case sempre queren ser policias, bombeiros ou superheroes. Eu tamén pasei por todas esas etapa pero un día a miña vida cambiou.
Coñecín a miña heroína particular e desde ese momento só quería ser ela. Non había ninguén máis guai nas series de televisión, nin sequeral nos rugrats. 
Na miña mente ela tiña que ser loira coma min e cun pouco menos de nariz que nas ilustracións de Blake. Pero non estiven descontenta con que fora morena e curriña cando a coñecín na tele. 
A miña heroína, como a de todos, tivo que superar a peor das adversidades. Era lista como un allo e irónica.  A miña era a heroína dos libros. A dos mundos paralelos en papel, a das tardes lendo na habitación. A de pedir máis e máis libros, ata acabar a sección infantil e ten que pasar a de adultos.  E a que movía cousas coa mente. Eu tiña que ser ela. Eu só quería ser Matilda. 

E aínda espero poder chegar a ser ela. 


M.