R.E.M decidiu onte deixar de facer música para o público. A decisión do grupo de separarse, de deixar de crear despois de trinta anos foi unha pingueira máis para esta semana de malas novas.Non sei cando escoitei a primeira canción de R.E.M, pode que me levantara da cama un sábado pola mañá de escrita no estudio ou igual escoiteina cando xogaba cos playmobil no medio do salón. A música, coma os libros foron e son as constantes que nos moven. As letras de McCartney, Lennon, Stipe, Fletcher, Turner, dos Gallagher... A voz de Dylan, Patti Smith, Robbie Williams, Adele, Brandon. Son a relixión da nosa providencia laica.
R.E.M tamén marcou cores. O azulazul, non era o azul de Superman, era o azul da máscara do cantante de R.E.M, esa explicación tan longa e complexa para evitar dicir Michael Stipe. R.E.M foi compromiso. Compromiso coa música, coa renovación, cun novo facer que nos cambiaría a todos, a música de todos.
A perda de R.E.M como grupo en activo deixanos tocados, pero o bo da música é que sempre podemos volver a ela, igual que as historias entre as páxinas dun libro que volveremos a abrir.