sábado, 18 de octubre de 2014

Cardiff (1 Parte)

Cando alguen pensa na vida no Reino Unido, unha das primeiras imaxes que se nos ven a cabeza é o metro de Londres ateigado de xente pegados aos seus iphones. No último mes a película británica da miña cabeza mudou completamente.

O centro de posgrao da Facultade de Económicas
- Cardiff University-

Na facultade de Business de Cardiff (CARBS), a 4º nos rankings nacionais, a modernidade dos edificios e equipos é breath-taking. No centro para posgraduados, inagurado este setembro, as triple pantalla da que dispón o docente para dar clase conviven co papel, bolígrafos e pesados manuais de 50 libras  que dominan ao alumnado. Acompañados polos paquetes de fotocopias que colles ao entrar, antes de rexistrar a túa asistencia nuns lectores de tarxetas que informatizan cada un dos teus pasos polas aulas.

En Gales tamén gozan do case considerado como vintage por algúns nas fins de semanas. Pasear un sábado pola mañá por Queen Street, unha das poucas rúas comerciais da cidade que non ten teito - isto é o paraíso do centro comercial!- é cousa complicada. Acompañada polos músicos de rúa que alternan esquinas con grupos católicos que intentan regalarlle biblias aos galeses que veñen pasar a fin de semana a capital, ou de despedida de solteira.

Neses paseos unha das miñas paradas favoritas é HMV, a tenda de discos que a pesar das dificultades económicas dos últimos anos e rumores, segue aberta. Desta vez os prezos son máis baixos que cando entrei nun HMV por primeira vez nunha fin de semana en Londres, hai xa dez anos, para mercar de maneira compulsiva os últimos albums de Mcfly. Con todo, o que non cambiou é o difícil que é moverse pola tenda, ateigada de xente a calquera hora do día. Cando espero para pagar unha nai convence a súa filla de que un disco é suficiente por esta semana, que pode mercar o disco de 5 seconds of summer a semana que ven, cando volvan.

Queen Street - IloveCardiff- 

Cando sigo o meu paseo pola cidade das galerías, os meus pes levanme ata Waterstones, a librería que monopoliza a venda de libros no centro da cidade. Alí tampouco é sinxelo moverse, sobre todo porque se non prestas atención podes acabar pisando a alguén sentado no chan botándolle un vistazo a algún libro. Intentando resistirme a mercar unha libreta do Guardián entre o Centeo - que alguén acabara mercando unha hora máis tarde- decídome por "Not that kind of girl", de Lena Dunham. Na caixa fago un amigo, ao dependente/libreiro tamén lle gusta Girls e ten ganas de botarlle o dente ao libro de Lena. Saio da librería para seguir o meu paseo. Eu non quedo atrapada dentro usando o wifi, como lle pasou a un turista en Londres hai uns días - aínda que non me importaría!-.

O primeiro mes en Gales pasou voando e a educación de élite que a University of Cardiff prometía, parece ter chegado. O venres tivemos clase con Nick Brett, o director de publicacións da BBC. Pero iso da para outra parte!

A pesar de ter que ver os partidos do primeiro equipo galego na diáspora e perder a primeira cicloxénese do outono en Vigo - a máis bonita das cidades atlánticas, sen dúbida!-, por agora confórmome con pasear entre os discos e os libros. É case como estar na casa!

M.

No hay comentarios:

Publicar un comentario