domingo, 4 de diciembre de 2011

Someone like you

Esta semana alguén non paraba de rondarme a cabeza. Alguén que nunca vou volver a ver. 
Cando alguén marcha para non volver máis hai dúas reaccións universais dos que quedamos atrás. Podemos botalos de menos ata o infinito para, moito tempo despois, preguntarte como serían as cousas se eles estivesen aquí de novo, se nunca tivesen marchado. 

Esta semana pensei en como serían as cousas se ela non tivese marchado. Quero pensar que sigo sendo a mesma persoa que lle pasaba a man polo pelo e comentaba como era suave coma o dunha ovella ou que acaba os deberes rápidorápidorápido para ter un mars e unha volta en bici. Quero pensar que como sigo sendo esa persoa todo sería coma era antes. 
Ela, esa única persoa da familia que foi a un concerto dos Beatles, dos mesmos Beatles!!! (como se pode ser tan sumamente xenial?)
Probablemente non teríamos nada do que falar ou igual poderíamos falar ata das pedras no paseo, rirnos con retranca de humor british. Ou igual discutiría con ela tanto como coa miña nai. 
Pero esta semana era todo no que podía pensar. 


- Onde vas, inglesita?

jueves, 27 de octubre de 2011

A voz dormida

A Montse e Manolo por unha educación digna do mestre Don Gregorio


Ver A voz dormida, a nova película de Benito Zambrano ía supoñer unha noite de calma e relax mentres fóra non paraba de chover. O comezo da película, as lembranzas a todas as mulleres que nos fixeron como somos hoxe, leváronme a Carmen Martín Gaite e a todas as súas mulleres que querían Irse de casa. 
Na voz dormida, que algúns consideran outra maldita película sobre a guerra civil, non só entramos na historia de Pepita e Tensi, desgraciadamente tan real na España da posguerra, senón que lembramos todo aquilo polo que merece a pena loitar. 
Pola educación para todos sen páxinas en branco, por un estado laico onde non crer en contos chinos sexa posible, por ser como somos, falar como somos, pensar como somos. Por ser nós mesmos. 
A voz dormida serve de espello retrovisor para non esquecer e para agradecer a todas aquelas persoas que traballaron pola liberdade de ideas, de cores, de páxinas, a liberdade de todos. 



martes, 18 de octubre de 2011

18 de outubro


Se non a coñeces parece fría e ata estirada, incluso excesivamente pija. Pero o que non sabías é que é máis tímida do que poderías imaxinar para alguén tan impresionante. Gústalle esconderse algo dos demais e tes que traballar para descubrir que é simpática, divertida, irónica, responsable, agobiada e pode falar durante horas.
Cando a coñecín nunha clase de seis persoas o primeiro día de 1º de bacharelato non pensei que hoxe estaría escribindo isto.
Unha entrada sobre Alma Meira Valdés, que está a miles pero milesmiles de km de min. Alma, coa que pasei miles de millóns de horas, e coa podería sentar toda unha tarde en silencio simplemente mirando videos da mtv de hai mil anos nunha cafetería.
Alma, parte da miña costadeouro, diosalma!, Botar de menos a Alma é una actividade bastante común na miña vida estés días. Porque sabes? A veces escoito uns tacóns cando estou na biblio e lémbrome dos días de bibliotequeo con cuñas novas e de ir a tomar algo a mcdonals despois e ser gordas arrepentidas.
Alma, hoxe está de cumple. Está de cumple tan lonxe que non se poden calcular rutas no googlemaps. Está moi lonxe pero a veces esquézome de que non está e vou chamala para dicirlle que cafeteamos en príncipe, que lo baixa no bus das 5 e collo o teléfono e digo MERDA!
Alma é coma una desas cousas na vida que están ahí siempre e que non te poderías imaxinar non ter. Igual alguén pensa que estou esaxerando, bueno, é que non coñeceron á señorita Valdés.
Hoxe é 18 de outubro e como tal temos dereito a pedir un desexo. Eu quero unha tarde de chocolate e fondue vendo a Rose, Blanche, Dorothy e Sofia. Quero unha risa de rata, un abrazo colectivo e rir ata chorar. Quero comentar Gossip cunha soa palabra, e ser unha putaspoiler, e cagarse en megavideo porque non acabou de cargar antes de ir a clase, e ir a correr polo Castro para dar unha volta e dicir, bueno suficiente.
Hoxe, onte e todos os días quérote, Alma Meira Valdés.

sábado, 1 de octubre de 2011

Un dos nosos

Esta semana na lectura para xéneros, reflexiono sobre Iñaki Gabilondo e o seu libro El fin de una época. Sobre el oficio de contar las cosas.


Na miña casa a radio é unha constante. Unha constante informativa que escoitabamos antes de marchar da casa pola mañá. Non podíamos facelo sen escoitar a Iñaki. Era a marca para saber se chegabamos tarde, se aínda non falara Iñaki estabamos en hora, despois de escoitar a Iñaki sabiamos o que nos esperaba do día, podía ser o primeiro día de Zapatero na Moncloa ou o Prestige quebrandose diante dos nosos ollos, pero se algo importante pasaba, as 08.20 saberíamolo.
A lectura de El fin de una época é unha cuestión persoal para todo aquel que queira ser xornalista. Iñaki Gabilondo, ou Iñaki para os habituais da Ser, das noticias de Cuatro ou do seu videoblog, é un dos grandes exemplos de bo facer xornalístico dos últimos trinta anos en España. Cando abrimos El fin de una época e lemos a primeira frase sabemos que estamos ante un manual da profesión, do bo facer, unha guía didáctica para futuros xornalistas.
A ti, del que todos se ríen cuando dices que quieres ser periodista”
El fin de una época, sobre el oficio de contar las cosas preséntase en forma de reflexión en primeira persoa sobre a profesión a través dos máis de 40 anos de experiencia de Gabilondo, mais ten o claro obxetivo de chegar a eses xornalistas do futuro, falándonos directamente.
Inmersos nunha sociedade que circula só na liña do beneficio, Iñaki Gabilondo avoga por un xornalista embaixador da curiosidade metropolitana que sexa capaz de crearse un parapeto propio a partir de principios éticos e bo facer.
Cunha prosa sinxela e fiada, que invita a suliñar cada frase e tomar apuntes para ter en conta no futuro, convida aos que queren ser xornalistas a coñecer cales son os distintos idiomas da sensibilidade da vida, a ter os ollos, oídos e poros abertos á información. A información de todo tipo, non só a que se publica nos xornais ou que se emite pola radio, senón tamén ao coñecemento de cada recanto da sociedade. Só se entramos en cada unha das persoas que forman a sociedade, poderemos axudalos a entender o seu papel na vida, axudalos a vivir e a coñecer o que ocorre.
Como nunha clase de redacción informativa nun curso de 1º de xornalismo, Gabilondo reflexiona sobre a necesidade de cuestionarse o que temos que contar, buscar alternativas aos temas de axenda fixados polas institucións, a vida de porcoespín que se debe ter no trato coas fontes, a autocrítica co traballo propio e non esquecerse de que os xornalistas somos a
 segunda voz, “a vida faina a sociedade que a vive, non os que nos adicamos a observar cómo vive esa sociedade”. Pero, máis importante e como se dun docente nunha clase se tratase, lémbranos en cada páxina a necesidade do traballo en equipo. A firma Iñaki Gabilondo, o referente, non se creou grazas a unha persoa, senón a todo o equipo que traballaba con el.
Despois de 40 anos de profesión, Iñaki Gabilondo coñece os gagdets, as novas tecnoloxías e incluso confesa ás súas primeiras inseguridades fronte a un ordenador no estudio de radio de Hoy por hoy. Mais está convencido de que, a pesar da tecnoloxía e todos os cambios, a sociedade seguirá precisando de alguén que lles conte as cousas, que escolme, xerarquice, organice e presente a información, tras contrastar polo menos con tres fontes. Alguén que cumpra os principios teóricos que aprendemos na facultade e que parece que niguén respeta no mundo real, ou tal vez que só cumplen aqueles que confían e viven polo xornalismo de verdade. O xornalismo dos que seguen a pensar que compensa marchar 15 días a un lugar remoto de Congo para saber o que está pasando, aínda que ao volver non saibas se vas ser capaz de colocar a reportaxe nalgún medio.
Non me rindo, sigo sendo un dos nosos. Sigo pertencendo a aqueles que aínda compartimos unha mesma concepción do xornalismo, da política, da vida.”
Iñaki Gabilondo considera que os xornalistas non se xubilan nunca, senón que son as empresas ás que xubilan os xornalistas. E se algun día xubilan a Iñaki Gabilondo, aos demais, aos que vimos detrás, só nos queda esperar poder ser un dos nosos.

jueves, 22 de septiembre de 2011

I'm losing my religion

R.E.M decidiu onte deixar de facer música para o público. A decisión do grupo de separarse, de deixar de crear despois de trinta anos foi unha pingueira máis para esta semana de malas novas.
Non sei cando escoitei a primeira canción de R.E.M, pode que me levantara da cama un sábado pola mañá de escrita no estudio ou igual escoiteina cando xogaba cos playmobil no medio do salón. A música, coma os libros foron e son as constantes que nos moven. As letras de McCartney, Lennon, Stipe, Fletcher, Turner, dos Gallagher... A voz de Dylan, Patti Smith, Robbie Williams, Adele, Brandon. Son a relixión da nosa providencia laica.
R.E.M tamén marcou cores. O azulazul, non era o azul de Superman, era o azul da máscara do cantante de R.E.M, esa explicación tan longa e complexa para evitar dicir Michael Stipe. R.E.M foi compromiso. Compromiso coa música, coa renovación, cun novo facer que nos cambiaría a todos, a música de todos.
A perda de R.E.M como grupo en activo deixanos tocados, pero o bo da música é que sempre podemos volver a ela, igual que as historias entre as páxinas dun libro que volveremos a abrir.

jueves, 30 de junio de 2011

start over.

1. Decidete
Forgive me but i'm tired, i need to get away to feell again
Don't get so close to change my mind,
It's time.


2. Argumenta
is there anyone out there? somewhere i can belong. The city just ain't so kind tonight. 
I need a place to take refuge, see i've been loving you blind. I guess that made it hard for me to find that we were caught up in a little of a worn out dream. I knew we were in trouble.  


3. Dubida 
Help me to carry the fire, we'll keep it alive. Together.



5. Intentao unha vez máis
Every foolish dream and every compromise. Everything you've spoken and everything you say rumbles in my head. There's nothing i can say, there's nothing I can do now.


The end is when you hope you never said i could have done it better.

Goodnight, travel well. 
                     
                                                                                                                                            mB.


lunes, 18 de abril de 2011

10 grupos que cambiaran a túa vida

Eu non creo. Non creo en Dios, Mahoma, Xesus Cristo nin a Santísima Trinidade. Non creo no Rato Pérez nin en Papa Noel (aínda que Melchor sempre será o meu favorito). Non creo en que todos teñamos que ser mellores en Nadal ou Semana Santa. Non creo en pedir un desexo cada aniversario, non creo no horóscopo nin nos gatos negros.
Eu creo na música.


1. The Beatles
O indiscutible número 1. Non lembro o primeiro día que escoitei os Beatles. Pero supoño que sería no vello plato co vinilo de Greatest Hits que aínda temos gardado. The Beatles son a base da música de hoxe, do que somos. John, Ringo, Paul e George foron innovadores na súa época, para regalarnos a música moderna. E por iso, estareille sempre agradecida.


But of all these friends and lovers, there is no one compared with you.



2. Mcfly
Danny, Tom, Dougie e Harry son unha das bandas de maior éxito no Reino Unido nos últimos dez anos, superando records dos mesmos Beatles. Reivindicando o pop-rock de sempre frente a novos pseudoartistas como Justin Bieber ou JLS, estanse a converter nun fenómeno a nivel mundial.  E, tamén a miña banda favorita!!

the end is when you hope you never say i could've done it better





3. Busted
A banda de iniciación por excelencia. A camiño entre unha boyband é unha banda de pop-rock e co suficiente gancho para que os escoites aínda que xa pasaran 7 anos dende a súa separación. Conta cun dos songwriters máis aclamados no mundo anglosaxón, James Bourne.

do you remember when we talked for hours on end? just being stupid but at least we didn't pretend




4. Robbie Williams
The legend. Unha escoita obligada para os amantes do pop, membro a tempo parcial da mítica Take That e rei do pop a tempo completo. Unha das mellores voces dos últimos 20 anos, firmou un dos himnos do novo milenio, Angels. Ir a un concerto de Williams está no meu top 10 de cousas antes de morrer.

So need your love, so fuck you all. I'm not scared of dying I just don't want to




5. Arctic Monkeys
A descuberta do indie rock, o anticuarentaprincipales, as letras máis brutais e as mellores guitarras da nosa xeración.

I'm sorry officer, is there a certain age you're supposed to be? 'cause nobody told me..





6. The Kooks
Contemporáneos e enemigos número 1 dos arctic, completan o panorama do Britpop actual. Non hai que perder de vista os seus acousticos, incluso mellores que os propios directos.

watching those ships roll by, wishing i could move this earth if i could, for you i would do 
Os embaixadores de Las Vegas polo mundo. Porque os EEUU tamén saben facer música.

I don't have a simple answer but i know i could answer something better


8. Oasis
A banda dos irmáns Gallagher que fixeron de todo con ela, ata destruíla. O britpop dos 90.

So Sally can wait she knows it's too lat but we're walking on by


9. El Canto del Loco/Pereza
Son ese tipo de bandas que todos escoitamos durante algunha época aínda que nos custe reconocer. Son os primeiros cds que mercamos, os concertos e as fotos pegadas nunha carpeta. E quedaran aí para sempre, pero nunca máis dun 9 nunha lista.

que nos vean caminar por el alambre, dime que te cuesta decirme, vale.


10. Vampire Weekend
A forza de Internet trouxo a estes neiorquinos do afro-pop ata Europa, e xa son parte do cartel de Glastonbury.

Who gives a fuck about an Oxford Comma?




                                                                                                                                                                M.

domingo, 17 de abril de 2011

Alguén dixo unha vez que a vida está composta polos pequenos praceres. Ese sorriso que non podes esconder ou a oleada de optimismo que te non te cabe no corpo. Para comezar este blog e como carta de presentación eu teño os meus pequenos praceres, son eles os que me forman. O primeiro é un libro, reler O Guardián entre o centeo cada vez que vexo unha edición nunha libraría, e pararme nos diálogos unha e outra vez.

 Tenía ganas de tirarme por la ventana. Y creo que lo habría hecho si hubiera estado seguro de que alguien taparía mi cadáver tan pronto como aterrizara. No quería que un montón de estúpidos mirones me miraran mientras estaba ensangrentado.




Gústame a cara de incredulidade da xente. Gústame que me miren raro cando digo iso de a miña banda favorita é Mcfly. Non te pega, non é do teu estilo. Parece que sorprende. Pero si, gústame iso de que sexan coma unha boyband pero tocan eles, pero compoñan eles e que Tom Fletcher sexa unha das mentes máis creativas dos últimos dez anos.

I'm looking at you from another point of view. I don't know how on earth i fell in love with you.





 Pero sobre todo, gústame non poder esperar esperar para que chegue o martes, e ver o último de GG.

Even Europeans must know what that means




                                                                                                                                                                M.