miércoles, 14 de diciembre de 2011
domingo, 4 de diciembre de 2011
Someone like you
Esta semana alguén non paraba de rondarme a cabeza. Alguén que nunca vou volver a ver.
Cando alguén marcha para non volver máis hai dúas reaccións universais dos que quedamos atrás. Podemos botalos de menos ata o infinito para, moito tempo despois, preguntarte como serían as cousas se eles estivesen aquí de novo, se nunca tivesen marchado.
Esta semana pensei en como serían as cousas se ela non tivese marchado. Quero pensar que sigo sendo a mesma persoa que lle pasaba a man polo pelo e comentaba como era suave coma o dunha ovella ou que acaba os deberes rápidorápidorápido para ter un mars e unha volta en bici. Quero pensar que como sigo sendo esa persoa todo sería coma era antes. Ela, esa única persoa da familia que foi a un concerto dos Beatles, dos mesmos Beatles!!! (como se pode ser tan sumamente xenial?)
Probablemente non teríamos nada do que falar ou igual poderíamos falar ata das pedras no paseo, rirnos con retranca de humor british. Ou igual discutiría con ela tanto como coa miña nai.
Pero esta semana era todo no que podía pensar.
- Onde vas, inglesita?
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
