Cando os nenos son pequenos case sempre queren ser policias, bombeiros ou superheroes. Eu tamén pasei por todas esas etapa pero un día a miña vida cambiou.
Coñecín a miña heroína particular e desde ese momento só quería ser ela. Non había ninguén máis guai nas series de televisión, nin sequeral nos rugrats.
Na miña mente ela tiña que ser loira coma min e cun pouco menos de nariz que nas ilustracións de Blake. Pero non estiven descontenta con que fora morena e curriña cando a coñecín na tele.
A miña heroína, como a de todos, tivo que superar a peor das adversidades. Era lista como un allo e irónica. A miña era a heroína dos libros. A dos mundos paralelos en papel, a das tardes lendo na habitación. A de pedir máis e máis libros, ata acabar a sección infantil e ten que pasar a de adultos. E a que movía cousas coa mente. Eu tiña que ser ela. Eu só quería ser Matilda.
E aínda espero poder chegar a ser ela.
M.

No hay comentarios:
Publicar un comentario